CROMOGAL
Publicacións Deportivas

Somos a túa imaxe

Un gran equipo ao teu servizo

Fundada en 2012

O noso compromiso consiste en ofrecer un trato cercano e personalizado da man dos nosos asesores de produto, encargados de supervisar cada unha das etapas da colección.

A nosa empresa

Somos unha empresa nova e dinámica, con sé na provincia de Pontevedra (Galicia). O forte crecemento e a importante transformación que experimentou o noso proxecto empresarial, desde os seus inicios ata a actualidade, permitiunos medrar ata converternos nun referente dentro do sector das publicacións deportivas no estado.

Traballamos con moitos tipos de clubs: decanos, asentados e con anos de historia, e modestos, cuxa historia aínda está por escribir...

Equipo

Contamos cun gran equipo humano, altamente cualificado, e estamos dotados coas ferramentas tecnolóxicas necesarias. Ofrecendo aos nosos clientes un álbum adhesivo para coleccionar, con acabados de gran calidade, totalmente personalizado e GRATUÍTO.

Publicacións

As nosas publicacións gozan dunha gran acollida e unha repercusión social nos medios cada vez maior: un éxito acadado grazas a un proxecto empresarial sólido, fomentador de importantes valores, apoiado nunha estratexia de crecemento sostible e no que traballamos día a día, co obxectivo de superarnos e ofrecer aos nosos clientes o mellor.

Álbums

Temos convertido os pequenos soños de moitas persoas nunha fantástica realidade: verse inmortalizadas para sempre nun cromo adhesivo como os grandes deportistas de élite. Axudámoslles a sentirse tan protagonistas como calquera xogador de Primeira División, ao completar un dos coleccionables máis importantes e especiais da súa vida: o álbum co que pasarán a formar parte inesquecible da historia dos seus clubs.

Algúns dos nosos clientes

Contamos cunha gran carteira de clientes e traballamos con entidades e asociacións repartidas por toda España e parte de Europa, ofrecéndolles a máxima calidade, profesionalidade e implicación.

Cromogal - o teu álbum de cromos personalizado